Barroco

noviembre 15, 2010

1.- Para frear a expansión protestante en Europa, luterana no Báltico e calvinista nas Provincias Unidas, a Igrexa católica a requerimento de Carlos V apostou pola súa propia reforma coa convocatoria do concilio de: 1) Trieste; 2)Troyes; 3) Trento.

2.- Nunha fase inicial do reformismo relixioso no cincocentos a expresión política do catolicismo foi reforzar o poder do monarca cara a reducir as consecuencias na cohesión social das desputas teolóxicas. Sen compromiso de goberno en territorios complexos a posición protestante foi a afirmación dos dereitos: 1) políticos; 2) individuais; 3) sociais.

3.- O Imperio alemán de Fernando II cada vez máis centralizado atopou resistencias en Bohemia, un dos seus dominios patrimoniais. O rexeitamento a súa política contrarreformista culminou coa morte dos seus embaixadores no suceso coñecido como: 1) Defenestración de Praga; 2) Precipitación de Praga; 3) La mala educación checa.

4.- A extensión dos conflictos políticos-relixiosos do Imperio ao resto do continente europeo deu lugar a chamada historiográficamente pola súa duración Guerra dos Trinta Anos. A monarquía hispánica aliñouse co Imperio namentras entre os aliados protestantes estaban: 1) As Provincias Unidas e Dinamarca; 2) Dinamarca e Suecia; 3) as dous.

5.- As iniciativas bélicas corresponderon alternativamente a protestantes e católicos ata que a entrada efectiva da Francia católica na alianza protestante alterou a correlación de forzas coas derrotas dos tercios españois e das compañías imperiais en  :1) Rocroi; 2) Nördlingen; 3) Montaña Blanca.

6.- En 1648 esgotados os recursos de tódolos belixerantes firmouse a Paz de Westfalia que supuxo para o Imperio, fronte ao centralismo absolutista de Viena, o recoñecemento dunha Dieta como asemblea lexislativa permanente e para todo o continente: 1) a libertade relixiosa; 2) “cada religión segundo o seu rei”; 3) as dous son correctas.

7.- A rama alemana da casa austracista perdeu coa Paz de Westalia influencia real nos territorios imperiais fora dos seus dominios patrimoniais que comprendían, xunto a Austria, a: 1) Bohemia e Hungría; 2) Moravia e Franco Condado; 3) Confederación helvética e Flandes.

8.- A Paz de Westfalia significou para os Estados alemans que conformaban a nova Dieta Imperial non só independencia territorial senón tamén en política interna o triunfo do: 1) individualismo; 2) absolutismo; 3) consenso nas diferencias.

9.- Unha das principais consecuencias para a Monarquía hispánica en Wesfalia foi o recoñecemento definitivo da Independencia das calvinistas Provincias Unidas, que aproveitaron para desenvolver unha política económica mercantilista que deu fama a: 1) Banca de Amsterdam; 2) Rotterdam e o seu porto; 3) Neederland e os seus tulipáns.

10.- Trala guerra dos Trinta Anos, Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española. Sen embargo, a Paz de Wesfalia, resultado máis dun conflicto prolongado que dunha victoria militar decisiva, consagrou na diplomacia internacional da época o principio do:1) equilibrio europeo; 2) status quo; 3)as dous.

11.- As transformacións políticas do seiscentos tiveron como punto de partida a superación da concepción medieval do territorio segundo criterios relixiosos (Cristiandade Universal) a favor dunha concepción de identidades nacionais sobre criterios de: 1) étnia e lindes naturais; 2) lingua e costumes; 3) especialización económica.

12.- O absolutismo como doutrina política propia da época (vs feudalismo medieval) tiña como premisa ideolóxica do dogma do poder ilimitado e indivisible do monarca: 1) a soberanía de orixe popular, 2) a soberanía de orixe divina; 3) a soberanía dos feitos.

13.- A forza do Estado, dado o volumen de gastos da administración, sobre todo en tempos de guerra, era o seu potencial económico. A doutrina económica dominante era o mercantilismo que asociamos coa formación de reservas de metais preciosos e o fomento de exportacións de manufacturas. O mercantilismo terá como consecuencia lóxica a: 1) integración entre Estados; 2) a creación de foros internacionais; 3) expansión colonial.

14.- Con Luís XIV, Francia que no exterior aspiraba a unha expansión territorial co pretexto de dotarse de fronteiras naturais (Rin e Pirineos) alcanza o apoxeo absolutista e centralizador do seu goberno cunha política administrativa unificadora que tiña como unidade representativa: 1) os virreinatos; 2) os departamentos; 3) os condados.

15-. Nun contexto europeo de predominio das formas absolutistas, Inglaterra constituirase nun Estado con protagonismo fundamental do seu Parlamento tanto con forma republicana como monárquica, en virtude de sendos procesos revolucionarios que levan os nomes das datas correspondientes: 1) 1640 e 1688; 2) 1648 e 1660; 3)1659 e 1668.

Anuncios

RENACEMENTO E REFORMA

octubre 19, 2010

 

1.- Á morte dos RRCC e dos seus pais Juana de Castela e Felipe de Borgoña, Carlos educado en Flandes estaba destinado a ser: 1) o primeiro monarca dos Austrias en España; 2) o primeiro dos Carlos que levaron ese nome na Monarquía hispánica 3) Carlos, Carlos, só Carlos V.

2.- O Imperio era unha autoridade simbólica de moi grande prestixio pola tradición secular do Imperio Sacro-Xermánico e por recaer nun príncipe electo. A autoridade dos reis hispánicos esixía un goberno persoal e directo do monarca como demandaron as cidades na rebelión: 1) das Comunidades; 2) das Hermandades; 3) das Castellanías xermánicas.

3.- A política dos RRCC de aillamento de Francia mantívose con Carlos V agora para protexer non só os intereses de Aragón senón tamén os do Imperio e concretouse no dominio do Milanesado. Entre os aliados da Francia de Francisco I estaba o Papa: 1) Alejandro VI Borgia; 2) Julio II de La Rovere;3) León III Médicis.

4.- Simultáneamente as tensións entre os estados cristiás europeos, retroalimentadas pola división ideolóxica asociada ao reformismo relixioso, emerxía o imperio otomano no oriente sobre as cinzas do Imperio bizantino e chegaba ás portas de Viena tan só 75 anos despois de conquistar Constantinopla, a través: 1) do Danubio; 2) do Mediterráeo; 3) das dúas vías.

5.- No Mediterráneo occidental os turcos contaban con aliados como os piratas berberiscos, aos que o Emperador, absorbido polos conflictos cos príncipes alemáns , nunca se dedicou por completo. A salientar: 1) a Toma de Alxer; 2) a Derrota de Túnez; 3) nengunha das dous.

6.- A reforma de Lutero fronte ao Papado tivo como conscuencia política a división de Alemaña polo apoio prestado por algúns príncipes contra o Emperador. Entre as teses de Lutero destaca: 1) a libre interpretación da Biblia e a condea do culto das reliquias; 2) a salvación exclusivamente pola fé; 3) as dous son correctas.

7.- O Emperador tratou de evita-la división relixiosa e forzar a obediencia dos príncipes coaccionando ao Papa a convocar un Concilio, que finalmente, malia os seus recelos (Sacco de Roma), tería sede en: 1) Roma; 2) Avignón; 3) Trento.

8.- Nun esforzo por evitar o recurso sistemático da guerra, Carlos V convocou reunións de representantes imperiais antes e despois da batalla de Mühlberg (1547). Estas asembleas reciben o nome de: 1) parlamentos; 2) cortes; 3) dietas.

9.- Toda a política imperial de Carlos V resultou un fracaso ao non poder impedir a división relixiosa, que se concretou na atribución do príncipe, católico ou protestante, de impoñer-la súa relixión aos seus súbditos, sancionada xurídicamente na: 1) Paz de Worms; 2) Paz de Spira; 3) Paz de Augsburgo.

10.- Felipe II fixou a capital da Coroa en Madrid e construiu en El Escorial o pazo desde o que dirixía todos os seus reinos na procura dunha hexemonía no continente europeo que tiña como fundamentación ideolóxica: 1) a defensa da ortodoxia; 2) o aillamento cultural; 3) a guerra de civilizacións.

11.- A loita pola homoxeneización ideolóxica e a seguridade interior se saldou coa expulsión dos mouriscos granadinos. A centralización imperfecta da política administrativa filipina manifestouse: 1) nunha rebelión aristocrática; 2) na reinvindicación dos fueros de Aragón; 3) as dous son unha mesma cousa na persoa do secretario Antonio Pérez.

12.- Trala batalla de Pavía e a Paz de Chateau-Cambresis que recoñecía a hexemonía hispánica por parte de Francia, formouse a Liga Santa que frenou en Lepanto a expansión turca no Mediterráneo. Estaba constituida por Felipe II, polo Papa e as flotas de: 1) Florencia e Nápoles; 2) Xénova e Venecia; 3) Tarento e Siracusa.

13.- Á morte sen herdeiros do rei de Portugal (1580), Felipe II ocupou o trono portugués. A nobreza lusa recoñeceuno como rei nas cortes celebradas en : 1) Lisboa; 2) Thomar; 3) Conimbriga.

14.- O máis grave conflicto na Monarquía filipina foi a sublevación xeral dos Países Baixos, un capítulo máis do reto protestante (calvinista) á ortodoxia relixiosa defendida polo rei. A habilidade dos gobernadores Clara Eugenia (filla do rei) e Alejandro Farnesio se plasmou na Unión de Arrás ou das provincias: 1) católicas do sur; 2) católicas do norte; 3) protestantes.

15.- Durante os últimos anos do reinado a guerra xeneralizouse. A Inglaterra de Sabela I pasou a converterse en obxetivo de invasión pola axuda ás protestantes Provincias Unidas e polo hostigamento á flota das Indias. A tentativa coñécese como: 1) A Grande Aramada; 2) A Invencible; 3) as dous son válidas.

16.- O aumento do crecemento demográfico da Europa Occ. está en relación coa capacidade das explotacións feudais da Europa Or. de aportar alimentos máis baratos, o que a súa vez favoreceu o desenvolvemento do comercio e de manufacturas na Europa atlántica, que reforzaba: 1) unha economía monetaria; 2) as remesas de metais americanos; 3) a 2ª e causa-efecto da 1ª.

17.- Ao largo do s.XVI, os nobres mantiveron o seu estatuto económico e xurídico privilexiado, namentras moitos xornaleiros expulsados das terras comunais emigraban á cidade para converterse nunha poboación asistida pola beneficiencia. A penetración da economía monetaria favoreceu sen embargo: 1) aos campesiños; 2) aos fidalgos; 3) non houbo beneficiarios rurais.

18.- Os reis, na consolidación do Estado a través do poder da monarquía, dirixían a vida institucional mediante un padroado a todolos aspectos públicos incluidos os relixiosos e culturais. A precariedade do autoritarismo monarca significativamente procedía da: 1) minoriedade do rei; 2) dos fallos de carácter dos ministros do rei; 3) da forma de vestir na corte.

19.- A corte (así en singular) coa súa fixación xeográfica transformouse no centro da vida política, acentuando un ríxido protocolo a maxestade da institución. Os gastos de Estado, incluidas as custosas administracións e cortes, o eran fundamentalmente de: 1) gastos en infraestructuras; 2) gastos militares; 3) gastos en commemoracións festivas.

20.- O Estado intentou valerse da relixión como un elemento de poder. A cuestión relixiosa, en consecuencia, ocupou t un papel central nas relacións internacionais engadindo ás rivalidades dinásticas un elemento ideolóxico. Isto explica o emprego na guerra: 1) da propaganda impresa; 2) da autocensura ; 3) do apoio aos emigrantes e exiliados do bando contrario.