GLOSARIO DE Hª: AR. Y CRISIS

noviembre 18, 2010

1/2.- AMORTIZACIÓN DAS TIERRAS.- Vinculación da propiedade das terras no Antigo Réxime a unha institución (morgado, iglesia, concello o el propio estado). Dita vinculación impedía que as terras se venderan, se segregaran o alugaran. No século XIX, coa desamortización, a propiedade institucional nacionalizase como paso previo a súa transformación en propiedade privada.

2/3.- ANTIGO RÉXIME.- Sistema político, económico e social que se da nos ss.  XVI, XVII e XVIII, caracterizado polo absolutismo monárquico, unha economía pechada e de base agraria e por unha sociedade estamental. Este nome o impuxeron os deputados franceses en 1790 na Asemblea Constituinte, como expresión do réxime que querían eliminar.

3/4.- BENS PROPIOS e BENS COMUNS.- Os bens comúns (bosques, prados, augas, etc) pertencen á comunidade veciñal (concello, parroquia) sendo aproveitados por todos. Os bens de propios son propiedades dos concellos con cuxos beneficios pagabanse os gastos municipais (a policía, o ensino público, o arranxo de camiños, etc.) En 1855 coa desamortización de Madoz requisáronse e se venderon ao mellor postor.

5/7.- CREOULOS.- Descendentes de españois nados nas colonias  que viven nas ciudades, dominan a administración municipal e se dedican ao sector terciario. Van a xogar un papel fundamental na emancipación das colonias americanas.

6/9.- DECRETOS DE NOVA PLANTA.- Conxunto de decretos que promulgou Felipe V para a uniformización (segundo o modelo castelán) de España. Tiveron gran importancia porque impuxeron unha centralización administrativa de influencia francesa. O primeiro decreto é de data de 1707 e abolía os Foros de Valencia e Aragón, en 1715 lle toca o turno a Baleares e en 1716 a Cataluña.

7/11.- DESPOTISMO ILUSTRADO.- E un sistema político basado na monarquía  absoluta e nun ha ideoloxía ilustrada. A frase que mellor define ao despotismo ilustrado é “todo para o pobo, pero sen o pobo”, cuxa autoría asóciase ao rei ilustrado Federico II de Prusia.

8/14.- ILUSTRACIÓN.- Movemento ideolóxico europeo que vai a ser a base das revolucións liberais ou burguesas, ao criticar ás instituciones do Antiguo Régimen. Seus trazos son a importancia que selle outorga á razón, á educación e a ciencia, preconizando a igualdade ante a lei e a libertade. A ilustración española caracterizase polo seu carácter máis moderado e relixioso que a francesa dos Rousseau, Voltaire e Montesquieu. Destacaron os Cabarrús, Feijóo, Olavide e, sobre todo, Jovellanos.

9/15.- INQUISICIÓN.- Tribunal eclesiástico, traído a España polos Reis Católicos que reprimiu a herexía e os demáis delitos contra a fe cristiá, agora como un tribunal estatal de orden público. Debido ao papel da relixión no Antigo Réxime a súa competencia abarcaba tódalas facetas da vida. Foi suprimida en España mediante un decreto das Cortes de Cádiz en 1813 e definitivamente en 1834 coa regencia de María Cristina; sen embargo, o seu patrimonio xa fora desamortizado en 1822.

10/16.- LATIFUNDIO.- Finca de gran extensión de terreo explotada de maneira extensiva cunha abondante man de obra barata (os xornaleiros) e cunha escasa inversión de capital. Os latifundios localizanse ao sur do Tajo/Texo, sobre todo cara o Oeste. O proceso da desamortización concentrou aínda máis as propiedades.

11/19.- MANS MORTAS.- Nome que reciben as propiedades amortizadas do clero por proceder de doazóns testamentarias de particulares. Como parte do terrazgo vinculado institucionalmente, non se podían vender e a súa explotación adouptaba ser extensiva e pouco productiva.

12/20.- MAYORAZGO/MORGADO.- Conxunto de bens territoriais que se apartan da orden normal de sucesión para quedar vinculados normalmente ao fillo maior coa finalidade de non dividir as propiedades da familia. O morgado extendeuse no Antigo Réxime e con él as terras amortizadas. Os morgados como propiedade institucional foron eliminados por decretos das Cortes de Cádiz en favor da súa desamortización.

13/21.- MONARQUÍA.- Etimológicamente, goberno de só un. Ten a súa orixe na Historia antiga cando o xefe do exército, do poder relixioso e dos funcionarios convirteu o seu poder en vitalicio e hereditario. Hai distintas formas de monarquía; a feudal que implica fragmentación do poder, a autoritaria do Renacemento, a absoluta do barroco e a constitucional do Novo Réxime.

14/24.- REGALISMO.- Política dos monarcas ilustrados (en España, os Borbóns) pola que pretendían impoñer o poder real sobre o relixioso. Esta política, polas potenciais consecuencias do seu cuarto voto de obediencia ao Papa, levou á expulsión dos xesuitas (En España, durante el reinado de Carlos III) e finalmente á súa disolución como orde relixiosa.

15/25.- SEÑORÍOS.- Modo hereditario de posesión da tierra e do poder político no Antigo Réxime. Existen dous grandes tipos de señoríos: os xurisdiccionais, de carácter político (o señor administraba xusticia e tiñan o mando civil e militar da comunidade), e os territoriais, de carácter económico (a reserva que se explotaba a través das corveas – traballo gratuito do campesiño- e a tenencia que se repartía entre os campesiños a cambio duns pagos ou censos e das banalidades).

16/26.- SOBERANÍA.- Concepto político que indica o poder dun territorio a ser libre e non sometido a ningún outro. A soberanía pode ser real de carácter divino, compartida e nacional ou popular. Estos tres tipos de soberanía están relacionadas co sufraxio censitario e universal.

17/27.- SOCIEDADE ESTAMENTAL.- Propia dunha economía de base agraria, é aquela que se estructura arredor de grupos sociais de natureza xurídica; é dicir, de estamentos pechados e ríxidos e en definitiva de privilexiados e non privilexiados.. No Antigo Réxime, os tres estamentos eran a nobleza e o clero como privilexiados e o terceiro estado como estamento explotado.

18/28.- SOCIEDADES DE AMIGOS DO PAÍS.- Son unha das institucións máis orixinais e representativas do movemento ilustrado español. Os seus obxetivos eran o fomento da agricultura, da industria, do comercio e das ciencias, así como o impulso da educación, sobre todo profesional. Pertencían a elas, as xentes cultas e de espíritu aberto de cada localidade.

Anuncios

Barroco

noviembre 15, 2010

1.- Para frear a expansión protestante en Europa, luterana no Báltico e calvinista nas Provincias Unidas, a Igrexa católica a requerimento de Carlos V apostou pola súa propia reforma coa convocatoria do concilio de: 1) Trieste; 2)Troyes; 3) Trento.

2.- Nunha fase inicial do reformismo relixioso no cincocentos a expresión política do catolicismo foi reforzar o poder do monarca cara a reducir as consecuencias na cohesión social das desputas teolóxicas. Sen compromiso de goberno en territorios complexos a posición protestante foi a afirmación dos dereitos: 1) políticos; 2) individuais; 3) sociais.

3.- O Imperio alemán de Fernando II cada vez máis centralizado atopou resistencias en Bohemia, un dos seus dominios patrimoniais. O rexeitamento a súa política contrarreformista culminou coa morte dos seus embaixadores no suceso coñecido como: 1) Defenestración de Praga; 2) Precipitación de Praga; 3) La mala educación checa.

4.- A extensión dos conflictos políticos-relixiosos do Imperio ao resto do continente europeo deu lugar a chamada historiográficamente pola súa duración Guerra dos Trinta Anos. A monarquía hispánica aliñouse co Imperio namentras entre os aliados protestantes estaban: 1) As Provincias Unidas e Dinamarca; 2) Dinamarca e Suecia; 3) as dous.

5.- As iniciativas bélicas corresponderon alternativamente a protestantes e católicos ata que a entrada efectiva da Francia católica na alianza protestante alterou a correlación de forzas coas derrotas dos tercios españois e das compañías imperiais en  :1) Rocroi; 2) Nördlingen; 3) Montaña Blanca.

6.- En 1648 esgotados os recursos de tódolos belixerantes firmouse a Paz de Westfalia que supuxo para o Imperio, fronte ao centralismo absolutista de Viena, o recoñecemento dunha Dieta como asemblea lexislativa permanente e para todo o continente: 1) a libertade relixiosa; 2) “cada religión segundo o seu rei”; 3) as dous son correctas.

7.- A rama alemana da casa austracista perdeu coa Paz de Westalia influencia real nos territorios imperiais fora dos seus dominios patrimoniais que comprendían, xunto a Austria, a: 1) Bohemia e Hungría; 2) Moravia e Franco Condado; 3) Confederación helvética e Flandes.

8.- A Paz de Westfalia significou para os Estados alemans que conformaban a nova Dieta Imperial non só independencia territorial senón tamén en política interna o triunfo do: 1) individualismo; 2) absolutismo; 3) consenso nas diferencias.

9.- Unha das principais consecuencias para a Monarquía hispánica en Wesfalia foi o recoñecemento definitivo da Independencia das calvinistas Provincias Unidas, que aproveitaron para desenvolver unha política económica mercantilista que deu fama a: 1) Banca de Amsterdam; 2) Rotterdam e o seu porto; 3) Neederland e os seus tulipáns.

10.- Trala guerra dos Trinta Anos, Francia codiciou en Europa un papel hexemónico en sustitución da monarquía española. Sen embargo, a Paz de Wesfalia, resultado máis dun conflicto prolongado que dunha victoria militar decisiva, consagrou na diplomacia internacional da época o principio do:1) equilibrio europeo; 2) status quo; 3)as dous.

11.- As transformacións políticas do seiscentos tiveron como punto de partida a superación da concepción medieval do territorio segundo criterios relixiosos (Cristiandade Universal) a favor dunha concepción de identidades nacionais sobre criterios de: 1) étnia e lindes naturais; 2) lingua e costumes; 3) especialización económica.

12.- O absolutismo como doutrina política propia da época (vs feudalismo medieval) tiña como premisa ideolóxica do dogma do poder ilimitado e indivisible do monarca: 1) a soberanía de orixe popular, 2) a soberanía de orixe divina; 3) a soberanía dos feitos.

13.- A forza do Estado, dado o volumen de gastos da administración, sobre todo en tempos de guerra, era o seu potencial económico. A doutrina económica dominante era o mercantilismo que asociamos coa formación de reservas de metais preciosos e o fomento de exportacións de manufacturas. O mercantilismo terá como consecuencia lóxica a: 1) integración entre Estados; 2) a creación de foros internacionais; 3) expansión colonial.

14.- Con Luís XIV, Francia que no exterior aspiraba a unha expansión territorial co pretexto de dotarse de fronteiras naturais (Rin e Pirineos) alcanza o apoxeo absolutista e centralizador do seu goberno cunha política administrativa unificadora que tiña como unidade representativa: 1) os virreinatos; 2) os departamentos; 3) os condados.

15-. Nun contexto europeo de predominio das formas absolutistas, Inglaterra constituirase nun Estado con protagonismo fundamental do seu Parlamento tanto con forma republicana como monárquica, en virtude de sendos procesos revolucionarios que levan os nomes das datas correspondientes: 1) 1640 e 1688; 2) 1648 e 1660; 3)1659 e 1668.