FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  

NOME DO ACTOR.- Manuel Ruiz Zorrilla

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA   

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político español, deputado en Cortes e posteriormente Ministro de Fomento e de Gracia e Xustiza durante a I República, e xefe de Goberno con Amadeo I. Foi Gran Maestro do Gran Oriente de España.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Burgo de Osma, o 22 de maio de 1833 e faleceu en Burgos, o 13 de xuño de 1895
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudiou en Valladolid. Despois, en Madrid estudiou Xurisprudencia na Universidade Central. En dous anos rematou os estudos de Xurisprudencia e se matriculou en Leis.
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1858, en Madrid, foi nomeado Deputado Nacional polo Partido Progresista, grazas ao cargo que fixera na Deputación Provincial. Destacou na Sublevación do Cuartel de San Gil (1866), polo que se tivo que exiliar, e  dende onde dirixiu conspiracións para derrocar a Isabel II. Encargouse da carteira de Fomento no goberno provisional de Serrano. Formou parte do goberno de Prim como Ministro de Xustiza (1869). Trala morte de Prim, converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a Amadeo de Savoia como rei. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións. En 1873 Zorrilla retirouse da política. A partir de 1876 provou varias veces a volver a achegarse á política, pero fracasou todas as veces.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Progresista.
PRODUCCION LITERARIA.-

Anuncios

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  

NOME DO ACTOR.- Francisco Serrano y Domínguez

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Tamén chamado Duque de la Torre, xeneral e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nace en Isla de León (Cádiz) en 1810 e falece en Madrid en 1885.
ORIXE FAMILIAR.- É fillo dun militar liberal.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.-
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1841, foi nomeado Ministro da Guerra. Entre 1846-1848 sería amante da raiña Isabel II, sobre a cal exerceu unha grande influencia política. Foi nomeado Capitán Xeneral de Granada, para telo alonxado da Corte. En 1854, Serrano volta a apoiar a Espartero. Ao longo do Bienio Progresista, que entón comezara, foi director xeneral de Artillaría, aliñándose cos centristas que impulsa O’Donnell a través do partido Unión Liberal. Sería máis tarde embaixador en París, (1856); Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862) e Ministro de Estado (1863). Foi nesa altura que a raiña, Isabel II, o nomea duque de la Torre. Serrano foi tamén xefe da Unión Liberal. Triunfante a revolución, de seguido foi nomeado Presidente do Goberno Provisorio (1868-1869) e, vacante a xefatura do Estado, recaeu sobre el, como Presidente do poder executivo (1869-1870). No tempo no que se aceptou a instauración dun réxime monárquico para España e, mentres non chegaba o novo rei, as Cortes nomearon a Serrano como Rexente, con tratamento de Alteza. Con Amadeo foi chamado a presidir o goberno en dúas ocasións (1871 e 1872). Cando estala a Terceira Guerra Carlista, Serrano derrotaría ao pretendente Carlos (VII) en Oroquieta, asinando o Acordo de Amorebieta, con a esperanza de acabar co conflito (1872). O rexeitamento deste convenio polas Cortes, provocaría a caída de Serrano do goberno. En 1874, Serrano será nomeado Presidente do goberno e do poder executivo. A súa ambición era perpetuarse como ditador. O seu labor de goberno, logo de tantas peripecias, resultou insignificante, amén de que foi un político sen ideais nen proxectos, cunha ambición de poder que o faría mudar frecuentemente de orientación e de lealdades.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Progresista.
PRODUCCION LITERARIA.-

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  

NOME DO ACTOR.- Concepción Arenal

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
COORDENADAS VITAIS.- Nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893.
ORIXE FAMILIAR.- Naceu nunha modesta casa do barrio coñecido como Ferrol Vello.Era filla dun militar liberal orixinario de La Montaña cántabra, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da “arte de perder o tempo”. Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Cantabria).
CURRICULUM PROFESIONAL.- Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española, e probablemente o fixese disfrazada de home, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Foi nomeada “visitadora de prisións de mulleres” en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Concepción e Juana de Vega promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das “Magdalenas”. Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas. 

As dúas últimas décadas da súa vida foron anos de moi intensa actividade social e intelectual, e malia o seu precario estado de saúde, non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. As súas obras clasifícanse en tres grandes temas: as denominadas “cuestión social”, “penitenciaria” e “feminina”. A súa obra tivo repercusión internacional e, porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario eloxiaron a súa obra e persoa.

Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao ideario liberal e krausista; malia a orixinalidade do seu pensamento, destacan esas influencias, que tamén tiveron un papel importante no plano afectivo a través do seu contacto con destacadas personalidades liberais da época, coas que compartiu a un tempo relacións de amizade e proxectos de carácter social e intelectual.
PRODUCCION LITERARIA.- Entre outros: 

  • La beneficencia, la filantropía y la caridad
  • Manual del visitador del pobre
  • Cartas a los delincuentes
  • El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución pública de la pena de muerte
  • La voz que clama en el desierto
  • Estudios penitenciarios
  • Dios y libertad
  • La igualdad social y política y sus relaciones con la libertad
  • El pauperismo
  • El visitador del preso
  • El delito colectivo
  • “Idea del cielo”
  • La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor
  • “La educación de la mujer”

 

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  NOME DO ACTOR.- Francisco Silvela y de le Vielleuze
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA  

 

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un historiador, abogado e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Madrid, o 15 de decembro de 1843 e faleceu no mesmo lugar o 29 de Maio de 1905.
ORIXE FAMILIAR.- Era fillo do ilustre abogado don Francisco Agustín Silvela, ministro de Gobernación e de Gracia e Xusticia, vicepresidente do Congreso dos Diputados e maxistrado do Tribunal Supremo, e de doña Luisa de Le Vielleuze y Sotés.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudiou Dereito na Universidade Central de Madrid e ingresou na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación en 1862.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Iniciou a súa actividade política como deputado nas Cortes Constituíntes de 1870. Coa chegada da Restauración borbónica en España foi nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Martínez Campos en 1879, tras haberse ocupado da Subsecretaría deste Ministerio desde 1875. Destacou pola súa disidencia no seno do conservadurismo da Restauración, movemento dentro do cal defendía un réxime político parlamentario constitucional. En 1881, Silvela convertiuse no lugarteniente do líder conservador.En 1885 foi nomeado Ministro de Gracia e Xusticia. No goberno de Cánovas de 1890, ocupou o posto de Ministro de Gobernación, pero dimitiu e formou o grupo: os silvelistas. Trala morte de Cánovas en 1897, Silvela joi nomeado Xefe indiscutido do Partido Conservador. Entre 1899 e 1903 ocupou tres veces a presidencia do Consello de Ministros . No seu primer goberno acumulou tamén a cartera do Estado e no segundo a cartera de Marina.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Liberal Conservador.
PRODUCCION LITERARIA.-  

  • Cartas de la Venerable Sor María de Agreda y El Señor Rey Don Felipe IV. (1885)
  • Sin Pulso. Periódico El Tiempo (1898)
  • La Filocalia, o arte de distinguir a los cursis de los que no lo son – en colaboración con Santiago Liniers – (1868)

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS   

NOME DO ACTOR.- Práxedes Mateo Sagasta

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA  

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político español e destacado orador polo seu talento retórico e valores fortes. Foi presidente do Consello de Ministros e presidente do Goberno Español
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Torrecilla(Cameros, A Rioxa) o 21 de xullo de 1825 e falecu en Madrid o 5 de xaneiro de 1903.
ORIXE FAMILIAR.- Era un dos tres fillos de Clemente Sagasta y Díaz con Esperanza Escolar.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou a carreira de enxeñeiro de camiños pero nunca exerceu como tal pois adicouse ó xornalismo e á política.
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1848, refusou a asinar unha carta de apoio a Isabel II. Rematados os estudos, participou na política da restauración dentro do Partido Liberal Fusionista. Sagasta foi membro das Cortes entre 1854 e 1857 e entre 1858 y 1863. En 1868, incorporouse ó goberno provisorio que asumiu o poder tralo destronamento de Sabela II.  

Entre 1871 e 1902 foi varias veces presidente do goberno. Desenvolveu nos seus varios mandatos medidas avanzadas entre as que destaca a reimplantación definitiva do sufraxio universal masculino en 1880.  En 1897 volveu ó poder. Interviu na guerra cos Estados Unidos polas colonias de ultramar, onde foi culpado pola perda dos restos do imperio epañol.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Liberal.
PRODUCCION LITERARIA.-  

Bibliografía:

  • Carlos Darde, La Restauración.
  • Ferrer Benimeli (coordinador), Masonería, revolución y reacción

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  NOME DO ACTOR.- Francisco Serrano y Domínguez
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA  

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Tamén chamado Duque de la Torre, xeneral e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nace en Isla de León (Cádiz) en 1810 e falece en Madrid en 1885.
ORIXE FAMILIAR.- É fillo dun militar liberal.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.-
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1841, foi nomeado Ministro da Guerra. Entre 1846-1848 sería amante da raiña Isabel II, sobre a cal exerceu unha grande influencia política. Foi nomeado Capitán Xeneral de Granada, para telo alonxado da Corte. En 1854, Serrano volta a apoiar a Espartero. Ao longo do Bienio Progresista, que entón comezara, foi director xeneral de Artillaría, aliñándose cos centristas que impulsa O’Donnell a través do partido Unión Liberal. Sería máis tarde embaixador en París, (1856); Capitán Xeneral de Cuba (1859-1862) e Ministro de Estado (1863). Foi nesa altura que a raiña, Isabel II, o nomea duque de la Torre. Serrano foi tamén xefe da Unión Liberal. Triunfante a revolución, de seguido foi nomeado Presidente do Goberno Provisorio (1868-1869) e, vacante a xefatura do Estado, recaeu sobre el, como Presidente do poder executivo (1869-1870). No tempo no que se aceptou a instauración dun réxime monárquico para España e, mentres non chegaba o novo rei, as Cortes nomearon a Serrano como Rexente, con tratamento de Alteza. Con Amadeo foi chamado a presidir o goberno en dúas ocasións (1871 e 1872). Cando estala a Terceira Guerra Carlista, Serrano derrotaría ao pretendente Carlos (VII) en Oroquieta, asinando o Acordo de Amorebieta, con a esperanza de acabar co conflito (1872). O rexeitamento deste convenio polas Cortes, provocaría a caída de Serrano do goberno. En 1874, Serrano será nomeado Presidente do goberno e do poder executivo. A súa ambición era perpetuarse como ditador. O seu labor de goberno, logo de tantas peripecias, resultou insignificante, amén de que foi un político sen ideais nen proxectos, cunha ambición de poder que o faría mudar frecuentemente de orientación e de lealdades.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Progresista.
PRODUCCION LITERARIA.-

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  NOME DO ACTOR.- Nicolás María Rivero
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA  

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.-  Foi un político demócrata español
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Morón da Fronteira en 1814 e faleceu en Madrid en 1878.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Licenciouse en mediciña e dereito.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Foi o primeiro alcalde de Madrid pertenecente ó Partido Democrático. Foi deputado en varias ocasións e colaborou na fundación do Partido Democrático en 1849, do que fue nomeado xefe. Interviu nas Cortes Constituíentes de 1855. Rivero resultou elexido e foi o único representante da democracia no Congreso de 1858 a xaneiro de 1863. Dirixiu La Discusión hata 1864.Figurou na preparación da Revolución de 1868. Foi alcalde de Madrid (1868 – 1870) e presidente das Cortes Constituíntes de 1869 que elaboraron a Constitución. En 1870 ocupou o Ministerio da Gobernación. Presidente do Congreso durante o reinado de Amadeo I.
IDEOLOXÍA.- Pertenceu ó partido democrático.
PRODUCCION LITERARIA.-

 

 

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  NOME DO ACTOR.- Luis José Sartorius
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA  

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un periodista e político español.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Sevilla en 1820 e faleceu o 22 de febreiro de 1871 en Madrid.
ORIXE FAMILIAR.- A súa familia é de orixe polaco.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- 
CURRICULUM PROFESIONAL.- Sartorius formouse como autodidacta do periodismo, fundando El Heraldo, xornal que se convertiu nun dos puntuais do Partido Moderado durante o reinado de Isabel II. Dende as suas páxinas combatiu a rexencia de Espartero, o que lle permitiu en recompensa ser elixido Deputado en 1843. Foi Ministro de Gobernación con Ramón María Narváez. Dende este posto controlou os procesos electorais e atribúeselle falsificar moitos dos resultados en distintas elecións mentres que ocupou o cargo, o que lle obrigou a dimitir en 1851.Foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1853, en plena crise dos gobernos moderados dende a caída de Juan Bravo Murillo. Tras perder varias votacións no Congreso dos Deputados e no Senado, o 9 de decembro decidiu disolver as Cámaras e gobernar mediante decreto, vulnerando a Constitución de 1845. Neste período iniciou a persecución dos moderados adictos a Leopoldo O’Donnell, así como aos progresistas até a Vicalvarada e con ela, o fin da Década Moderada e o paso ao Bienio Progresista.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Liberal.
PRODUCCION LITERARIA.-

 

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOS  NOME DO ACTOR.- Antonio Maura y Montaner
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA  Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político español.
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Palma de Mallorca o 2 de maio de 1853 e finado en Torrelodones, Madrid, o 13 de decembro de 1925.
ORIXE FAMILIAR.- Era orixinario dunha familia da pequena burguesía, foi orfo de pai cando só tiña 13 anos.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Cursou o bacharelato no Instituto de Palma de Mallorca, e en 1868 trasladouse a Madrid para cursar estudos de Dereito.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Iniciouse na vida política nas filas do Partido Liberal conseguindo a súa primeira acta de deputado por Mallorca en 1881 durante o primeiro gabinete liberal da Restauración, presidido por Sagasta. En 1886 ocupa o cargo de vicepresidente do Congreso. En decembro de 1893 é designado con Sagasta ministro de Ultramar. Apartado voluntariamente do escenario político por un certo tempo, en 1895, de novo con Sagasta, ocuparase do Ministerio de Graza e Xustiza ata que a insurrección cubana provoca a caída dos liberais. Cando o grupo liberal disidente se escinde, Maura asumirá a súa dirección, ata que un acordo con Silvela en 1902 o incorpore ó Partido Conservador. Foi ministro da Gobernación no gabinete que presidiu Francisco Silvela en 1902 e que presentaría por vez primeira ás Cortes a Lei de Bases de Reforma da Administración Local. Tras a demisión de Silvela, Maura convertirase no líder do Partido Conservador. En 1903 formaría o seu primeiro goberno. Tras dimitir deste cargo, durante a etapa liberal Maura exerceu a xefatura da oposición, presidindo o goberno máis longo do réxime constitucional do reinado de Alfonso XIII. Durante a Primeira Guerra Mundial, Maura fixo campaña activa a favor da neutralidade española, cos seus sonados discursos. Cando foi chamado de novo para asumir a xefatura do Goberno, impuxo condicións para o seu regreso. Presidiría o Goberno en 1918 e, de novo, en 1922, volvería a estar á fronte dun gabinete de concentración. Durante a ditadura de Primo de Rivera manteríase á marxe dedicado a redactar as súas memorias.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Conservador.
PRODUCCION LITERARIA.-
FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOSNOME DO ACTOR.- Luis González Bravo
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA Luis González Bravo

Fontes bibliográficas e recursos web.-

Wikipedia

IDENTIDADE.- periodista y político español
COORDENADAS VITAIS.- Nació en Cádiz, 8 de julio de 1811 y murió en Biarritz, el 1 de septiembre de 1871
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudió Derecho en la Universidad de Alcalá de Henares. Militante del Partido Progresista durante la Regencia de María Cristina de Borbón participó en la Milicia nacional, fue Diputado por Cádiz en 1841, adquiriendo más templanza y moderación, lo que le permitió con el apoyo de Narváez ser nombrado Presidente del Consejo de Ministros desde el 5 de diciembre de 1843 al 3 de mayo de 1844.
CURRICULUM PROFESIONAL.- Trabajó para Narváez disolviendo la Milicia nacional, declaró el estado de sitio, disolvió los ayuntamientos, impuso la censura a la prensa y acusó a Olozaga de tratar de intrigar contra la futura reina Isabel II cuando era Presidente del Consejo. Creó la Guardia Civil. Su caída del gobierno le llevó como diplomático a Lisboa. Tras su regreso a España y ante sus diatribas contra los propios compañeros que le habían apoyado, huyó durante la revolución de 1854 temiendo por su vida. Ya en 1864 fue nombrado Ministro de la Gobernación con Narváez cuando la política española había adquirido un claro tono reaccionario, siendo responsable de los llamados sucesos de la noche de San Daniel, debiendo dimitir en 1865 para regresar de nuevo al año siguiente como Ministro de la Gobernación y en 1868 de nuevo como Presidente del Consejo. Su actuación visceral fue uno más de los elementos que desataron la revolución de 1868 que dio paso al Sexenio Democrático y la caída de Isabel II. Se exilió en Biarritz y se unió a los carlistas. Fue miembro de la Real Academia Española.
IDEOLOXÍA.- Partido Progresista
PRODUCCION LITERARIA.-